(O seguinte texto está formado por dous fragmentos extraídos do libro de Manuel Casal Lodeiro A Esquerda ante o colapso da civilización industrial, actualmente en fase de financiamento popular e que verá a luz a comezos do mes de decembro, e do que tamén existe proxecto de editar versión traducida ao castelán. Atópanse no cap. 6 «Escenarios e estratexias da esquerda fronte ao colapso».)
Un bosquexo de estratexias posibles
A continuación hei trazar as liñas básicas das posibles estratexias políticas e comunicativas que entendo teñen as esquerdas diante desta tesitura histórica. Por suposto que serán incompletas e que fóra delas poden existir máis posibilidades que eu non contemplo, e que mesmo se poderán dar mesturas das que aquí, por facilitar a súa análise, presento se cadra como demasiado disxuntivas. Pero, aínda así, espero que resulten útiles sobre todo para as organizacións de esquerdas que participan nos mecanismos electorais.
Sigue leyendo