Un lustro del manifiesto Última Llamada. Reflexión de Manuel Casal Lodeiro

Foto: Martiño Picallo (Luscofusco).

(Publicado previamente en el blog Saber Sustenar, de El Salto.)

Este mes de xullo fanse os cinco anos da publicación do manifesto Derradeira Chamada, un texto anti-neokeynesiano de reacción ante os signos de que a nova esquerda que xurdía daquela en España como herdeira autoproclamada do movemento dos Indignados do 15 de maio, estaba a se escorar claramente a posicións socialdemócratas clásicas. Aquel texto reclamaba abrir un debate social “amplo e transversal sobre os límites do crecemento” coa finalidade de “construírmos democraticamente alternativas ecolóxicas e enerxéticas que sexan á vez rigorosas e viábeis”. E advertía: “como máximo temos un lustro (2014-2019) para asentar ese debate no que nos xogamos o futuro”.

Á vista está que o manifesto, malia a súa notablemente positiva e rápida recepción por certo sector social concienciado (o día que apareceu na Internet recibiu mil visitas cada hora, e en apenas tres recibiu máis de cinco mil sinaturas e apoios moi notables como o do ecosocialista Michael Löwy), non viu as súas demandas cumpridas. Entre as personalidades políticas galegas asinantes encontrabamos os nomes de: Ana Miranda, Antón Sánchez, César Santiso, Eva Solla, Laura Bugallo, Lidia Senra, Lois Pérez Leira, Chus Boo, Martiño Noriega, Xan Duro, Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz…

(Seguir leyendo en Saber Sustentar – El Salto.)

Anuncios

José Luis Valcarce: Hannibal ad portas

(Artigo de José Luis Valcarce Rodríguez previamente publicado en Praza Pública.)

No ano 2014 asinei o manifesto Derradeira Chamada que advertía da gravidade da situación ecolóxica e do pouco tempo para afrontala:

“temos un lustro para asentarmos un debate amplo e transversal sobre os límites do crecemento, e para construírmos democraticamente alternativas ecolóxicas e enerxéticas que sexan á vez rigorosas e viábeis. Deberiamos ser capaces de gañar grandes maiorías para unha mudanza de modelo económico, enerxético, social e cultural. Ademais de combatermos as inxustizas orixinadas polo exercicio da dominación e a acumulación de riqueza, falamos dun modelo que asuma a realidade, faga as paces coa natureza e posibilite a vida boa dentro dos límites ecolóxicos da Terra.

Unha civilización acábase e habemos de construír outra nova. As consecuencias de non facermos nada —ou facermos demasiado pouco— lévannos directamente ao colapso social, económico e ecolóxico. Mais se empezamos hoxe, aínda podemos ser as e os protagonistas dunha sociedade solidaria, democrática e en paz co planeta.”

Persoas tan relevantes da esquerda e da ecoloxía coma Margarita Mediavilla, Antonio Turiel, Manuel Casal Lodeiro, Ada Colau, Alberto Garzón, Florent Marcellesi, López de Uralde, Marina Albiol, Pablo Iglesias, Xosé Manuel Beiras ou Yayo Herrero formaban parte dos asinantes dun manifesto que algúns críamos que podía levar a unha liña de acción política que puxese no primeiro plano a incompatibilidade entre o sistema capitalista e os límites da biosfera.

Porén, as circunstancias da política teñen levado a que a cuestión medioambiental quede ou postergada ou, peor aínda, sexa asumida coma un lugar común baleiro de todo significado mentres as consecuencias brutais do modelo global predador comezan a ser cada vez máis evidentes.

Sigue leyendo

Xoán Doldán: “Non podemos volver ás receitas de toda a vida: o crecemento económico, o capitalismo keynesiano”

(Entrevista publicada en gallego el pasado lunes 14 de julio por Praza Pública con uno de los promotores del manifiesto Última llamada, el economista ecológico Xoán Ramón Doldán García, presidente de Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo y de la Asociación de Economía Ecológica en España.)

Xoán R. Doldán

Xoán R. Doldán. Imagen de vídeo realizado por Tingalaranga.

“Atención: A xanela de oportunidade está a pecharse. Como máximo temos un lustro para asentarmos un debate amplo e transversal sobre os límites do crecemento, e para construírmos democraticamente alternativas ecolóxicas e enerxéticas que sexan á vez rigorosas e viábeis. Deberiamos ser capaces de gañar grandes maiorías para unha mudanza de modelo económico, enerxético, social e cultural”. O pasado luns fíxose público o manifesto Derradeira Chamada, un exitoso chamamento decrecentista que pide que a política se axuste “aos límites ecolóxicos do planeta” e que contou entre os seus primeiros 250 asinantes (investigadores, activistas, líderes políticos) cun bo número de galegos e galegas.
Sigue leyendo

Comunicado de prensa: Manifiesto «Última llamada»

La sociedad, y especialmente los nuevos partidos y proyectos alternativos, tienen que tomar conciencia de los límites del crecimiento

ÚLTIMA LLAMADA: UN MANIFIESTO POR LA TRANSFORMACIÓN DE MODELO FRENTE A LA CRISIS ECOLÓGICO-SOCIAL

Ada Colau, Alberto Garzón, Juan López de Uralde, Pablo Iglesias o Xosé Manuel Beiras entre los más de 250 primeros firmantes

“Última llamada” es el título de un manifiesto hecho público hoy en el que se reclaman propuestas de cambio más audaces para hacer frente a una crisis ecológica que afecta a todos los ámbitos y provoca injusticias sociales. Más de 250 académicos, intelectuales, científicos, activistas y políticos han firmado un documento dirigido especialmente a los proyectos sociales y políticos alternativos. No valen recetas antiguas, es precisa una gran transformación.
Sigue leyendo