(Outro dos asinantes iniciais, o sociólogo e militante do Partido da Terra e do Projecto Integral Corunha, Enrique Pérez Lijó, envíanos unha reflexión acerca da viabilidade dos Estados nun contexto de fin do crecemento.)
Desde a publicación do Manifesto Derradeira Chamada algúns autores teñen apuntado que a crise de civilización á que nos enfrontamos supón por en cuestión os aparellos estatais, sabedores de que a todo réxime político correspóndelle tamén un réxime enerxético. En concreto, ponse no centro da diana as institución políticas nacidas directamente do Estado do Benestar, pois como ben amosan os datos a tal efecto os estados sociais ou do benestar son grandes consumidores de recursos e moi densos en canto a complexidade. O índice da pegada ecolóxica sérvenos para ilustrar as consecuencias do crecemento económico e o seu impacto sobre o planeta, así pois, mentres que a oferta ecolóxica media a nivel planetario non supera as 2’18 hectáreas por persoa e ano, as grandes economías triplican e incluso cuatriplican esta medida. O primeiro posto deste ranking do ecocidio é para Estados Unidos, cuxo exército é o maior consumidor de petróleo do planeta, e a súa pegada ecolóxica ascende a 9’57 hec. por persoa e ano. Sen embargo Europa non se queda atrás. O vello continente amosa resultados realmente escandaloso, pero o que chama máis a atención aínda é que sexan os países escandinavos, aqueles cuxo nivel de benestar e progreso é a envexa de boa parte dos partidos políticos europeos, os que encabecen a lista. Noruega, Suecia e Finlandia presentan unha pegada ecolóxica de 8’17, 7’95 e 7’00 respectivamente, o que quere dicir que cada habitante destes países consume unha cantidade de recursos cada ano equivalente á produción de entre 8 e 7 hectáreas. Cabe salientar que o 50% da pegada ecolóxica do planeta é froito do consumo de enerxías fósiles, e que estes estados non escapan a esta proporción.
Sigue leyendo →